sábado, 27 de outubro de 2012

Excursión a Marcelle 1º e 2º de Primaria

O mércores 24 de Outubro os alumnos de 1º e 2º de Primaria realizaron unha excursión ao parque zoolóxico de Marcelle.

Igual que a semana anterior, o tempo non acompañou, mais o profe Xil cóntanos como foi a xornada.

" Dende o principio da xornada a choiva ameazaba con estragarnos o día, pero grazas ao capitán Sandía aprendimos a danza indíxena da choiva. Foi por iso que tivemos algunhas treguas para poder visitar o parque de refuxio en refuxio.
Puidemos observar como estas condicións meteorolóxicas incitaron aos osos a darse un bo baño e xa na reserva tivemos a ocasión de alimentar aos xabaríns. Na procura dos lobos e camiñando entre as especies ceives colleunos a treboada cun gran chuvasco que nos empapou ata os ósos. 
Remataba así un día cheo de anédotas con animais de distintos continentes e xogos e cantigas apropiadas que ensinaron da maneira máis divertida os capitáns Rosquilla ou Sandía."

Ningún comentario:

Publicar un comentario