venres, 16 de novembro de 2012

A Paisaxe Sonora do noso colexio.

        Os alumnos de 1º de Primaria veñen de realizar un traballo de gravación de distintos lugares do colexio coa colaboración de todo o persoal do mesmo para este cometido. En grupos de catro cada alumno gravou un son dunha aula, dun lugar especial ou do propio patio en distintos momentos do día. Todos estes sons están aquí para disfrute público a través desta aplicación flash que aparece a continuación. En calquera momento esta fonoteca local/urbana/familiar servirá para a elaboración dunha composición que se poderá oír neste blogue, estade atentos... 

       Picando en cada unha das imaxes poderedes escoitar, e no cadro da dereita verédelo a patalla completa (¡¡A DISFRUTAR!!)

Ningún comentario:

Publicar un comentario