domingo, 2 de novembro de 2014

Arte no Colexio Ludy. Víctor G.Novás e Eduardo Hermida.

No pasado mes de outubro, tivemos a oportunidade de traballar o noso Centro xunto a dous excepcionais artistas da nosa comaraca. Os pintores Víctor G.Novás e Eduardo Hermida. Os dous fixeron unha estupenda labor para o noso alumnado de maneira totalmente altruista.

Víctor G.Novás , ao principio de mes, comezou o seu traballo no patio do Colexio Ludy coa realización dun mural de máis de 2x2 metros. O alumnado dos diferentes cursos, foi pasando polo patio,  nos días que Novás realizou a súa obra e foi así vendo o proceso que require unha obra pictórica.


 O motivo do mural é a obra" Platero y yo", de Juan Ramón Jiménez, a cal cumple neste ano 100 anos da súa publicación. Esta obra é un clásico nas lecturas do Colexio Ludy (Novás, ex-alumno, a leeu fai xa moitos anos no Ludy¨) e a interpretación desta por parte de Novás, simplemente excepcional.


Aquí vemos o grupo de 5º de Primaria xunto ao artista coa obra xa findada. Quen queira disfrutar dela, soamente ten que seprazarse ao noso Colexio Ludy.

Por outra parte, o curso de 6º de Primaria, por terceiro ano consecutivo, foi visitar ás Meninas de Canido xunto ao seu promotor: Eduardo Hermida. Si ven é fabuloso coñecer este proxecto, máis o é das mans de Eduardo, o cal, en máis de hora e media de visita, foinos achegando máis e máis ao comezo desta iniciativa e ao momento en que se atopa agora.


Aquí podemos ver un pequeno vídeo da visita realizada.

Sen máis, darlle tanto a Novás coma Hermida infinitas grazas por achegar desta forma o Arte aos rapaces e rapazas do noso Colexio Ludy.

Ningún comentario:

Publicar un comentario