luns, 14 de febreiro de 2022

13 de febreiro. Día Internacional da Radio.

 Voltamos coa radio. En 6º de Primaria conectamos os vellos cables da nosa radio escolar e voltamos con ilusión a retomar unha fermosa actividade. Aproveitamos para iso a efeméride do 13 de febreiro e así deunos pé a comentar todo o que opinabamos e atopamos sobre este marabilloso medio de comunicación.