Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta excursións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta excursións. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de febreiro de 2016

Concerto e Excursión de 1º e 2º

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria asisten ao concerto "Pedro e o lobo" no Pazo da Ópera da Coruña. Logo viaxan ata Betanzos onde despois de xantar visitan o "Pasatempo" de Betanzos.

Excursión e Concerto 2016 (1º e 2º)

martes, 27 de xaneiro de 2015

Excursión de 3º e 4º á Capela


O  pasado 21 de xaneiro os alumnos de 3º e 4º, fomos de excursión á Capela.  Alí visitamos o Museo Etnográfico e puidemos comprobar de primeira man como vivían os nosos antergos, como vestían, como cociñaban… Despois pasamos unha xornada de convivencia no CEIP Mosteiro de Caaveiro  da Capela. Pasamos unha xornada  lembrando e coñecendo  xogos tradicionais como a mariola, a corda, a buxaina, os zancos,… Gustóunos moito pasar o día con nenos e nenas distintos e coñecendo o seu colexio!















mércores, 12 de febreiro de 2014

Excursión a Santiago. I Certame de Radio Escolar.

Con motivo do día Mundial da Radio e do I Certame de Radio Escolar a Radio Ludy foi clasificada para a final.  O xoves 13 iremos á facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago e a partir das 11:00 retransmitirase o acto en direto a través deste enlace de televisión da propia Universidade.

http://tv.usc.es/directo2.html

martes, 3 de decembro de 2013

Excursión Avifaunia de 3º e 4º de Primaria



O 20 de novembro os alumnos de 3 ºe 4 º de Primaria realizaron unha saída didáctica a Avifauna en Lugo. Aos alumnos gustóulles moito, xa que coñeceron de primeira man as aves das que falaban durante ese días nas clase de Coñecemento do medio do colexio. Así puideron ampliar coñecementos e ver  tamén aves autóctonas de Galicia e  en perigo de extinción.

xoves, 28 de novembro de 2013

Visita de 5º de Primaria á SGHN e exposición de Manfred.


Visita de 5º de Primaria á Sociedade Galega de Historia Natural. Despois desta visita , alumnado tivo a oportunidade de coñecer a exposición temporal na nosa cidade " Manfred, o alemán de Camelle"


Sen dúbida, un día máis que interesante.

luns, 28 de outubro de 2013

Saída ao Forgoselo co 1 ºE.S.O do instituto Concepción Arenal


O pasado venres 25 de outubro os cursos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Ludy, realizamos unha visita conxunta á Serra de Forgoselo co instituto ao cal estamos adscritos. 77 alumnos do Concepción Arenal, entre eles 19 ex-alumnos e 40 alumnos do Colexio Ludy disfrutaron desta interesante iniciativa.


Cinco  mestres do Concepción Arenal, tres mestres do Colexio Ludy, un biólogo e un médico foron os adultos que acompañaron aos alumnos participantes.


Darlle as grazas, especialmente a Pedro, o biólogo, e a Juan, médico que nos acopañou.

domingo, 22 de setembro de 2013

Visita ás Meninas de Canido

O pasado xoves 19 de setembro, o alumnado de 6º de Primaria visitou as famosas 2 Meninas de Canido".
No ano 2008 xurde esta iniciativa das mans de Eduardo Hermida, pintor ferrolán que decidiu chamar a atención sobre o estado deste ilustre barrio ferrolán realizando pinturas sobre o famoso cuadro de Velázquez.

Artistas chegados de multitude de lugaros foron os encargados de realizar nas fachadas de multitude  das casas de Canido, a súa versión das " Meninas".
A visita a realizamos xunto a Eduardo hermida, o cal servium¡nos de guía e nos contou todo tipo de detalles sobre esta iniciativa que anda a chamar a atención de media Europa.
Moitas grazas Eduardo.

xoves, 9 de maio de 2013

Excursión A Coruña 5º e 6º Primaria

O pasado venres 3 maio, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, visitou as instalacións do novo museo científico de A Coruña: MUNCYT.
REalizamos cousas fabulosas, coma subirnos nun Boin 747, coma o que vedes na fotografía ou falar con robots coma este.

Por último, a intriga do museo. Que é este obxecto? Para que serve?
As respostas da pregunta, por parte do alumnado  serán enviadas ao MUNCYT  e o vencedor levará: UN EURO





sábado, 27 de outubro de 2012

Excursión a Marcelle 1º e 2º de Primaria

O mércores 24 de Outubro os alumnos de 1º e 2º de Primaria realizaron unha excursión ao parque zoolóxico de Marcelle.

Igual que a semana anterior, o tempo non acompañou, mais o profe Xil cóntanos como foi a xornada.

" Dende o principio da xornada a choiva ameazaba con estragarnos o día, pero grazas ao capitán Sandía aprendimos a danza indíxena da choiva. Foi por iso que tivemos algunhas treguas para poder visitar o parque de refuxio en refuxio.
Puidemos observar como estas condicións meteorolóxicas incitaron aos osos a darse un bo baño e xa na reserva tivemos a ocasión de alimentar aos xabaríns. Na procura dos lobos e camiñando entre as especies ceives colleunos a treboada cun gran chuvasco que nos empapou ata os ósos. 
Remataba así un día cheo de anédotas con animais de distintos continentes e xogos e cantigas apropiadas que ensinaron da maneira máis divertida os capitáns Rosquilla ou Sandía."

Excursión ás Fragas do Eume xunto ao Instituto Concepción Arenal

O venres 26 de Outubro,  o alumnado de 5º e 6º de Primaria, realizaron unha excursión conxunta xunto ao alumnado de 1º E.S.O do Instituto Concepción Arenal.
Neste Centro, ao cal están adscrito o Colexio Ludy, acuden a maior parte do noso alumnado ao rematar a Educación Primaria, e por este motivo pensamos que é unha boa maneira de continuar a relación co noso ex-alumnado e achegar aos futuros alumnso do instituto, o realizar actividades conxuntas que estreiten as distancias entre ambos centros.


Dicir que a actividade comezou o venres anterior, o 19 de Outubro, coa asistencia do noso alumnado ao Concepción Arenal para recibir unha interesante exposición, acerca da fauna e da flora do lugar a visitar, por parte do mestre Andrés Lamas. Completouse a actividade nas mesmas Fragas, paraxe impresionante que a xuventude debe aprender a valorar para que a súa continuidade non se vexa ameazada.


Esperemos volver a repetir esta interesante experiencia.  A continuación a entrevista realizada polos compañeiros  da sección de actividades e excursións, realizaro a Andrés Lamas, mestre do Instituto Concepción Arenal e Manuel Bouza, mestre no noso Centro.