sábado, 1 de febreiro de 2014

Novas compañeiras no Colexio Ludy.

Tres novas persoas forman parte do equipo do Colexio Ludy.
Por unha parte está Paula, a cal, desde este segundo trimestre acompaña a Manoli na aula de 3 anos e serve de apoio nesta.
Sandra á esquerda e Paula á dereita, no momento da entrevista xunto ás entrevistadoras.

Sandra, pola súa parte, é unha ex-alumna do Colexio que volve anos despois con motivos diferentes. Ven a realizar durante un mes as prácticas de maxisterio.

Sabela, mestra de apoio en Educación Infantil.
 E por último Sabela, mestra que nos acompañará ata final de curso, pois está a cubrir a baixa da profe Laura, embarazada xa de sete meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario