mércores, 19 de marzo de 2014

Especial 10 de marzo do 72 no Colexio Ludy





O 10 de marzo do ano 2014, na praza da Constitución, cos rapaces de 6º de Primaria, repasamos os acontecementos ocorridos 42 anos antes na nosa cidade e, en especial, cos traballadores do estaleiro que, reivindicando unhas melloras salariais necesarias, foron presa dun ataque feroz pola policía franquista, acabando aquel fatídico día coa morte de Amador e Daniel e case cen feridos.
 Os rapaces quedaron abraiados coa historia e ao día seguinte, máis quedamos os mestres ao ver que algúns deles traía a historia dos seus avós, protagonistas daquel acontecemento.
Decidimos desde o obradoiro de radio invitalos a unha entrevista no noso medio, e así, o día 19 de marzo o avó de Iria , Juan Carlos Soto Carro, o avó de Irene, Juan Estévez Otero e o de Sara Dopico, Faustino Dopico González foron entrevistados polas súas netas nun emotivo acto.

Aquí tedes o audio completo.




2 comentarios:

  1. Emocionante ejemplo de "Escuela Viva", comprometida con la Vida y con el Tiempo... De verdad que me ha emocionado el testimonio de esos abuelos vuestros... Ojalá algún día yo pueda explicárselo con tanta claridad a mis propios nietos...
    PD) Ya mismo, yo haría llegar una copia de este magnífico programa a la Fundación 10 de Marzo...

    ResponderEliminar
  2. Parabéns por este magnífico programa de Historia viva e de Memoria.

    ResponderEliminar