sábado, 22 de novembro de 2014

Video-conferencia con Mauritania.


O pasado venres 21 de novembro do 2014, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, realizou unha interesante actividade na mesma aula. Tiveron a oportunidade de falar con Mauricio Santos Ochoa, cooperante hondureño que realiza a súa actividade en Mauritania. Á par, coñeceron a Lid, cidadán senegalesa que reside en Mauritania. Na conversa que tiveron en directo , o alumnado preguntou pola labor que realizan as ONGD nestes países, así coma pola súa cultura e flora e fauna dos lugares en cuestión.
Estas conversas serían impensables nun Centro non fai tantos anos e grazas as novas tecnoloxías , os nosos alumnos coñecen o mundo directamente, sen intermediarios.


Para este curso, no terceiro ciclo, están previstas a visita dunha cooperante hondureña e a videoconferencia con representantes de UNICEF, os cales explicarán o seu traballo aos rapaces e rapazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario