O mércores 3 de decembro do 2014, tivemos a oportunidade no Colexio Ludy, co curso de sexto de Primaria de fala con Blanca, muller embarazada de oito meses e Tania, muller que fai tres semanas pariu a seu fillo Adán. Acompañándoas estaba Paula Pita, matrona que acompáñanos todos os anos ao curso de sexto cando chega o tema da reproducción.
Nesta conversa que tivemos con elas, o alumando tivo a oportunidade de
facerlles todo tipo de preguntas relacionadas co seu embarazo e parto e
creouse un ambiente de aprendizaxe realmente interesante.
A continuación, o audio completo recollido por Radio Ludy.
Ningún comentario:
Publicar un comentario