sábado, 27 de outubro de 2012

Excursión ás Fragas do Eume xunto ao Instituto Concepción Arenal

O venres 26 de Outubro,  o alumnado de 5º e 6º de Primaria, realizaron unha excursión conxunta xunto ao alumnado de 1º E.S.O do Instituto Concepción Arenal.
Neste Centro, ao cal están adscrito o Colexio Ludy, acuden a maior parte do noso alumnado ao rematar a Educación Primaria, e por este motivo pensamos que é unha boa maneira de continuar a relación co noso ex-alumnado e achegar aos futuros alumnso do instituto, o realizar actividades conxuntas que estreiten as distancias entre ambos centros.


Dicir que a actividade comezou o venres anterior, o 19 de Outubro, coa asistencia do noso alumnado ao Concepción Arenal para recibir unha interesante exposición, acerca da fauna e da flora do lugar a visitar, por parte do mestre Andrés Lamas. Completouse a actividade nas mesmas Fragas, paraxe impresionante que a xuventude debe aprender a valorar para que a súa continuidade non se vexa ameazada.


Esperemos volver a repetir esta interesante experiencia.  A continuación a entrevista realizada polos compañeiros  da sección de actividades e excursións, realizaro a Andrés Lamas, mestre do Instituto Concepción Arenal e Manuel Bouza, mestre no noso Centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario