xoves, 25 de outubro de 2012

Somos iguais = Somos distintos

Programa de coeducación nos centros educativos do Concello de Ferrol. Concellería de Igualdade.


No colexio Ludy, na aula de 6º de Primaria, o alumnado está a participar nun obradoiro sobre igualdade de xénero, promovido polo Concello de Ferrol.
Os martes 16, 23 e 30 de Outubro e o martes 6 de Novembro, o alumnado da citada aula está coñecendo prexuizos relacionados co xénero, que nin eles mesmo coñecían, e realizando actividades que lles axudan a quitalos.


Os videos que vemos, pertencen á segunda xornada do obradoiro, onde, coma vedes, o alumnado tivo a oportunidade de realizar actividades comunmente relacionados a un determinado rol, masculino ou femenino. Eles foron os primeiros sorprendidos dos resultados obtidos.
Moitas grazas ás técnicos do Concello, Mámem e Ana pola labor que están a exercer co noso alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario